Monday 20 de May de 2024

O presidente da ANPA O Burgo, Jorge Cebreiro, fixo entrega no concello de Culleredo das sinaturas recibidas de apoio ás reivindicacións das familias do Conservatorio esixindo a cobertura do profesorado de baixa


A ANPA retomará este mércores as concentracións ás cinco da tarde despois de facer entrega no concello das sinaturas de apoio recollidas estas semanas (Xúntase foto). A ANPA mantén estas accións reivindicativas dada a falta de cobertura do profesorado ao longo de varios meses deste curso e ao longo de moitas ocasións durante os últimos cursos.

Malia os anuncios feitos polo concello, a situación so mudou no sentido de que unha profesora de baixa reincorporouse, pero non porque se lle puxera solución a unha eiva que ven prexudicando enormemente ao alumnado do conservatorio.

A ANPA desexa agradecer o apoio de centos de veciños e veciñas que se teñen achegado ao centro e respaldado as concentracións. O Conservatorio é un orgullo para este municipio e as familias e o alumnado só queren defendelo e defender o seu mantemento. Nesa liña teñen solicitado ao conxunto da Corporación o compromiso orzamentario e de xestión. “Nin siquera é un problema orzamentario; é un problema de xestionar e de axilizar os trámites. Só hai que ser áxiles e capaces na xestión”.

Este mércores, día 12 volverán as concentracións ás cinco da tarde diante do Conservatorio.